Agenda

Agenda

Teatro Familiar: Carapuchiña

SPECTÁCULO: CARAPUCHIÑA / ENTRADA: 6 EUROS por persoa

Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. Mais ese día pasan os minutos e ninguén aparece… A partir de esta situación xogamos a desarmar os contos que todos coñecemos: Os tres porquiños, o Parrulo Feo, Brancaneves, a bella e a besta … e a Carapuchiña vermella.

“Carapuchiña” é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado que xoga coa historia cunha linguaxe xestual,  case sen palabras e ambientada no mundo da panadaría tradicional.

Idade recomendada: A partir de 3 anos

Compañía: Pedras de Cartón 

Duración: 45 minutos

Prazas limitadas! Non se admiten devolucións de entradas

ACTIVIDADE COA COMPAÑÍA DA FAMILIA. NON SE PERMITE ACCESO SEN UNHA PERSOA ADULTA!

Ubicación

Eventos en Coruña