Fai un ano na noite de Samaín, nun recuncho oculto de Galicia, había un grupo de fadas que decidiron facer unha travesura. Cun antigo feitizo, saíron fóra do bosque e dirixíronse á biblioteca, un lugar cheo de libros con segredos esquecidos, alí quedaron atrapadas. Coas súas brillantes ás e inquietantes risas, gostaban de xogarlle brincadeiras aos lectores. Con todo, había unha noite ao ano na que a súa maxia volvíase aínda máis poderosa, e remexían nos libros creando o caos mais absoluto. Precisamos da vosa axuda para facer os amuletos máxicos que restablezan a orde na nosa querida biblioteca.