O ceo do mes. Sesión en directo para maiores de 10 anos destinada a lle mostrar os detalles do ceo do mes entrante ao público principiante.
A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias.
As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completar a capacidade.