Agenda

Agenda

«Luppo», de Baobab Teatro

Eventos infantiles en Coruña

Luppo é un home maior cunha rutina moi concreta. Todos os días escoita, no seu gramófono, a mesma ópera. Tulún, un neno que lle leva a compra a diario, comparte con el contos e historias da vida de Luppo. Mais un día Tulún atopará que Luppo non está na casa. Unha obra que fala do ciclo da vida e da relevancia das experiencias dos nosos maiores na infancia.

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.

Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Inscricións:

Dende o 18/10/2024 ata o 22/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Duración: 50 min aprox.

Ubicación

Eventos en Coruña

No hay eventos que coincidan con tu búsqueda, por favor intenta con otros términos de búsqueda para conseguir tu evento.