Celebra o Día de África con Yarama con un contacontos Africa contda! ✨🌍
Ven a gozar dun máxico contacontos cheo de historias, música e tradicións africanas que nos conectan coa riqueza cultural do continente. Unha tarde para compartir, aprender e celebrar en comunidade.
🌟 Con Samuel Mountounjou, nacido en Foumban, Camerún, onde creceu inmerso na cultura bamoun e a súa lingua materna. Desde mozo, inspirado polos relatos da súa nai e os maiores do pobo, descubriu a súa paixón pola narración. Samuel conta para lembrar que África ten voz, para compartir os seus cheiros, cores e valores, e para tender pontes entre culturas. A súa misión: dar vida a África a través de palabras, sendo a voz do silenciado e unindo corazóns co poder dos contos.
Non perdas esta experiencia única! 🧡
🗓️Data: mércores 21 de maio
🕔 Hora: 17.30
📍 Lugar: Rúa Rodrigo-Alfredo de Santiago, 47, baixo, 15010 A Coruña
🎟️ Entrada gratuíta (Aforo limitado, reserva a túa praza! WhatsApp: 34 643 148 015 ou a través do email info@yamaafrica.com)
O contacontos terá lugar na sede de Yarama África. Trátase dun espazo multicultural e acolledor, dedicado á promoción da cultura africana en Galicia. Alí celébranse regularmente obradoiros, exposicións, encontros e actividades educativas para todas as idades. Yarama é moito máis ca un local: é unha xanela aberta a África, unha ponte entre culturas que aposta polo diálogo, a diversidade e a integración social desde a raíz comunitaria.