Agenda

Agenda

«Lúa triangular, nada é imposible», de Jara Ortiz

"Lúa triangular, nada é imposible", de Jara Ortiz
«Lúa triangular, nada é imposible», de Jara Ortiz en el centro Ágora

Neste espectáculo de contacontos musical, baseado no libro Marta e a píntega da autora Eli Ríos, a nena Marta coñece a píntega Oli e xuntas viaxan ao Mundo dos Contos e, grazas a unha morea de aventuras, transfórmano nun lugar mellor: máis diverso e máis xusto, onde as princesas dos contos poden ser felices ao crearen e visibilizaren as súas propias historias.

O público participará de maneira activa e creativa a través das cancións coa voz e a percusión de Jara Ortiz, nunha mestura de música e teatro co humor, a literatura e a muiñeira dende a perspectiva de xénero.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases, as 17h e as 18:30h, e dura 45 min aprox.

A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade.

 

Ubicación

Eventos en Coruña